Skip to main content
BurelaDeportes AMARIÑAXA

O Concello de Burela homenaxea ao Pescados Rubén

Por 12 Marzo, 2021Sin comentarios

O Concello de Burela recibiu o Pescados Rubén Burela FS no consistorio da localidade mariñá para homenaxear o histórico 9 de xaneiro, data gravada xa na Historia Laranxa pola consecución do dobrete de títulos, coa Supercopa de España Feminina e a XXIX Copa de Galicia Masculina.

O alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, fixeron entrega dun obsequio conmemorativo aos capitáns, Peque e Edu, en compañía do presidente laranxa, Manuel Blanco. No acto, que tivo que aprazarse en xaneiro debido ás restricións autonómicas polo Covid-19, Alfredo Llano tamén desexou moita sorte aos burelistas nesta Fin de semana Laranxa, con regreso de público a Vista Alegre. Mañá, o conxunto masculino disputará a xornada 23 con Osasuna Magna (19.30 horas) e o sábado o feminino recibirá Torreblanca Melilla (18.30 horas), na 18ª.