Skip to main content
Cervo

Cervo organiza clases de ioga, un concurso e unha homenaxe o 8 de marzo

Por 4 Marzo, 2021Sin comentarios

O Concello de Cervo celebra este mes o Día Internacional da Muller cunha serie de actividades coa muller como protagonista.

Así, durante marzo ofreceranse sesións virtuais de iniciación ao ioga cada martes e xoves, ás 16:30 horas, a cargo da profesora titulada Nuria Torrado.

Ademais, desde o luns 8 de marzo, e durante todo o mes, permanecerán iluminados de morado os diferentes edificios e infraestruturas públicas (casa do Concello, casa da cultura, fonte do parque Reina Sofía, ruínas das fábricas de salazón, Escolas Vellas de Cervo…).

O propio día da Muller, o 8 de marzo, o auditorio da casa da cultura acollerá un acto de recoñecemento a diferentes mulleres cervenses que amosaron a súa solidariedade nestes últimos meses.

Ademais, programarase un concurso virtual co título Que muller che inspira? do que se publicarán as bases o venres. Ademais, a profesora Nuria Torredo ofrecerá unha clase de Ioga especial dedicada á muller.