Skip to main content
Cervo

Cervo homenaxea ás mulleres que teceron máscaras no confinamento

Por 6 Marzo, 2021Sin comentarios

Un dos actos principais que ten programado o Concello de Cervo para este 8 de marzo, Día da Muller, é un recoñecemento ás Mulleres Solidarias do concello.

Nesta ocasión, a homenaxe será Mari, Angelines, Victoria, Adeli, Margarita, Carmen, Mari Luz e Nati, que coas súas propias mans teceron milleiros de máscaras durante o confinamento.

Este luns, 8 de marzo, ás 17:00 horas, no auditorio da Casa da Cultura, está programado o recoñecemento a todas elas polas súas Puntadas de solidariedade