Skip to main content
Mondoñedo

Mondoñedo, finalista no concurso Internet patrimonio de todos

Por 3 Marzo, 2021Sin comentarios

Mondoñedo en Lugo, Ponte Maceira na Coruña e Castro Caldelas en Ourense son os tres pobos de Galicia que forman parte da Asociación Os Pobos máis Bonitos de España e que son candidatos do concurso Internet patrimonio de todos co que a multinacional de telecomunicacións Eurona quere levar Internet de banda ancha ultrarrápido por satélite a dous municipios de maneira gratuíta durante un ano.

Así, estes tres son os municipios que poden participar nesta iniciativa que ten o obxectivo de potenciar o encanto do seu patrimonio, as súas paraxes, as súas tradicións, cultura e historia a través de una unha conexión a Internet de calidade.

Neste concurso anímase a todas as xeracións destes pobos, desde nenos a maiores, a enviar un vídeo de non máis dun minuto de duración onde conten en primeira persoa como Internet de alta velocidade pode cambiarlles a vida, abrindo novas oportunidades económicas ou contribuíndo a dar maior visibilidade á súa emblemática contorna. En definitiva, como Internet pode facer do seu pobo bonito un lugar requetebonito. Os propios veciños converteranse así en embaixadores dos seus municipios co fin de facerse cun ano da internet de banda ancha por satélite gratuíto nos espazos públicos.

Os participantes poderán enviar os seus vídeos ata o vindeiro luns 3 de maio e os gañadores daranse a coñecer o día 17 dese mesmo mes, coincidindo co Día Mundial da internet. Será xa a partir de xullo cando os premiados poderán empezar a gozar da internet ultrarrápido nos espazos públicos acordados, tal e como marcan as bases do concurso.