Skip to main content
Mondoñedo

O Concello de Mondoñedo pide o arranxo da N-634

Por 7 Marzo, 2021Sin comentarios

O Concello de Mondoñedo reitera a necesidade de arranxo da N-634. O goberno local traslada publicamente esta petición, logo de que nesta última semana a A-8 estivo cortada varios días por mor da néboa, o que obrigou necesariamente ao usuarios a ter que empregar dita Nacional.

Dende a entidade local lembran que os accesos seguen sen iluminación e o firme está moi deteriorado. É, por este motivo, polo que expoñen a importancia de acometer obras de mellora neste vial que é moi transitado cada vez que a Autovía cerra o seu paso a vehículos.

A este respecto, o equipo de goberno engade que “estamos entrando nunha época que permite facer obras, xa que estamos a punto de entrar na primavera. Arranxar a Nacional, din, nestes momentos sería o recomendable para que no verán que, é cando máis usuarios ten, debido á tempada estival, estivese en boas condicións”. Ademais, acometer a súa mellora tamén implica garantir a seguridade aos usuarios, xa que a falta de iluminación e o mal o estado que presenta constitúen un risco para os vehículos que transitan por ela.

“Dende a lealdade institucional reiteramos un investimento de xustiza. Coa nosa localidade pero tamén con todos os usuarios da A8 que de maneira constante a usan”, conclúen.