Skip to main content
Mondoñedo

Arrinca en Mondoñedo unha campaña en favor do comercio local

Por 28 Marzo, 2021Sin comentarios

O Concello de Mondoñedo comezou cunha campaña de apoio ao comercio de proximidade, orientado tamén á Semana Santa.

“No Comercio de Proximidade atoparás produtos únicos, cultivados na túa propia comarca, estarás incentivando a economía local e voltarás a experimentar unha nova forma de mercar e camiñar polas rúas do teu barrio.

Terás unha atención personalizada e de axudarás a outras persoas próximas como son agricultores, gandeiros, etc. Son lugares de encontro onde se fomentan as relacións sociais.

Vindo ao Comercio de Proximidade, fas medrar o emprego e estimulas que novos emprendedores creen negocios.

Por todo isto, debes de apoiar o noso comercio. Ven, estámoste agardando!”, é a mensaxe coa que se inician.