Skip to main content
Mondoñedo

Mondoñedo investigará os bens inmatriculados pola igrexa

Por 30 Marzo, 2021Sin comentarios

O BNG de Mondoñedo presentou un rogo no pleno celebrado o pasado venres día 26 de marzo que foi aceptado para que o concello investigue os títulos acreditativos de propiedade aportados pola igrexa e, no caso de non seren suficientes nin válidos, reclame as apropiacións indebidas.

Durante o goberno popular de José María Aznar levouse a cabo unha reforma da Lei Hipotecaria para permitirlle á igrexa Católica rexistrar ao seu nome todo tipo de propiedades sen ter que demostrar con ningún tipo de probas a súa titularidade, sendo suficiente tan só unha certificación eclesiástica manifestando a pertenza desde fai tempo. No caso de Mondoñedo rexistráronse un total de 10 bens, 5 de rústica e 5 de urbana, cun título distinto ao da certificación eclesiástica.

O voceiro nacionalista no concello, Eloi Cabanas, descoñece se a documentación aportada e válida ou suficiente para que a igrexa poida rexistrar ao seu nome todos estes bens e por iso pídelle ao goberno municipal que actúe e investigue estes inmobles rexistrados entre os anos 1998 e 2015 ao amparo da citada Lei.

“Pensamos que o concello debe actuar ben para informar ás veciñas e aos veciños que podan estar perxudicados ou para persoarse como parte afectada para reclamar para o patrimonio público todos aqueles bens que a igrexa católica rexistrou como propios e que non están relacionados co culto relixioso, sendo de uso público desde fai anos”.

REFORMA DA PRAZA DA CATEDRAL

Unha vez remitida á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural do resultado do proceso de participación pública “Proxecto de Acondicionamento da Praza da Catedral” na que se solicitou a emisión de ditame facultativo sobre as alegacións propostas e logo do informe emitido por dita Dirección Xeral recibido en data do 02 de febreiro do 2021.

O BNG preguntou que decisións vai tomar agora o concello en relación coas obras de reforma.

A voceira popular Elena Candia contestou que se está a elaborar un informe coa axuda dos técnicos para contestar todas as alegacións presentadas.