Skip to main content
Ourol

A Deputación inviste nas obras de catro vías de Ourol

Por 6 Marzo, 2021Sin comentarios

A Deputación Provincial aprobou o Plan de Seguridade e Saúde para acometer as obras de mellora en catro vías provinciais ao seu paso polo concello de Ourol, nas que a institución inviste 250.000 euros.

Trátase das estradas LU-P-6602, que vai de Rúa Nova a Muras; LU-P-3805, que comunica as parroquias de Bravos, Ambosores e Sixto; LU-P-3808, que une os núcleos de Foxo a Portapena, e a LU-P-6404, de Cristo da Pena ata Ponte Segade.