Skip to main content
Ribadeo

Inaugurada en Ribadeo a escultura dedicada ás mulleres

Por 8 Marzo, 2021Sin comentarios

A escultura Son o poder dentro de min, en homenaxe á muller, foi inaugurada este mediodía na praza 8 de Marzo. Deseñada pola artista Ana Vidal Suárez foi realizada polos Ferreiros de Mazonovo para conmemorar o Día Internacional da Muller. 

Profesores da Escola Municipal de Música e Danza interpretaron tres pezas no acto no que Ana Vidal explicou a idea e o significado do deseño desta escultura e os Ferreiros de Mazonovo referíronse ao proceso de creación. A concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, na súa intervención dixo que “é unha escultura en homenaxe a todas as mulleres  do Concello, ás novas, ás adultas e ás maiores. Todas elas son  dignas de ter unha figura que as represente. Porque como reza o titulo da escultura  Son o poder dentro de min, as mulleres somos poderosas.  Facemos sen ser conscientes do que somos capaces, dobre, triplas xornadas laborais, criamos solas ás veces, enfrontámonos a aqueles que nos queren limitar polo simple feito de sermos mulleres. Loitamos no día a día contra o patriarcado que se resiste a que formemos esa sociedade igualitaria”.