Skip to main content
Ribadeo

A anpa do Ceip Gregorio Sanz estuda o cambio á xornada única

Por 15 Marzo, 2021Sin comentarios

A anpa A Faxarda, do ceip Gregorio Sanz de Ribadeo estuda a opción de pasarse á xornada única de cara ao vindeiro curso 2021-2022.

A asociación preparou unha enquisa que fixo chegar a través dos alumnos (en mochilas), para recoller o sentir xeral e sondear o grao de conformidade con este horario, de uso maioritario nos colexios.

As asociación lembrou aos pais que “seguimos traballando por e para mellorar a vida escolar do alumnado e familias así como reiterar que estamos abertos a calquer proposta/suxestión que nos poidades aportar para tal fin”.

Así mesmo, lembra que o servizo de transporte escolar na zona urban está xestionado pola anpa A Faxarda polo que é imprescindible ser socio e ter aboado a cota correspondente (10€ curso/familia) para ser beneficiario do mesmo e quedar incluído no seguro da asociación.