Skip to main content
Ribadeo

Reabre o parque do Xardín de Ribadeo tras a ampliación

Por 12 Marzo, 2021Sin comentarios

Hoxe reabre en Ribadeo o parque infantil do Xardín, tras as obras de mellora e ampliación realizadas nas últimas semanas. Duplicouse a superficie, instalouse un valado novo e os pícaros e pícaras poderán gozar dun tobogán grande, dunha cama elástica e dunha pista multideporte, entre outros xogos. O investimento realizado pola Deputación ascendeu a 52.600 euros.