Skip to main content
O Vicedo

Pechan o acceso ao Fuciño do Porco por uns desprendementos

Por 17 Marzo, 2021Marzo 18th, 2021Sin comentarios

O Concello do Vicedo ten pechado ata novo aviso o paso ao Fuciño do Porco debido a razóns de seguridade por mor de obras de reparación que se teñen que realizar debido a uns desprendementos.

As obras que se están a realizar están ao cargo da empresa Caferlo e foro encargadas entre o Concello do Vicedo e a Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, á que pertence a baliza situada na punta do istmo.

As obras consiste na reparación da escaleira da entrada e da contorna, onde tamén rompeu a baranda de protección. De feito estudan a posibilidade de cambiar a a escaleira de sitio para evitar os danos que se producen case todos os anos, xa que cede o terreo habitualmente.