Skip to main content
Viveiro

O Catastro regulariza a cartografía das expropiacións da estrada Ferrol-San Cibrao

Por 1 Marzo, 2021Sin comentarios

O Concello de Viveiro tivo coñecemento este fin de semana de que numerosos veciños e veciñas recibiron unhas comunicacións do Catastro referentes a acordos de alteración da descripción catastral dos seus inmobles.

Tendo en conta que non sabía nada ao respecto, na mañá de hoxe o concello púxose en contacto coa Xerencia Territorial do Catastro. Neste sentido, dende o goberno municipal quérese informar en primeiro lugar que mediante eses comunicados non se está a tramitar ningún tipo de expropiación.

Simplemente estase a realizar a modificación cartográfica das parcelas afectadas, no seu día, polas expropiacións da estrada LU-862 Ferrol-San Cibrao e da estrada CG-2.3 LU-862 San Cibrao-Celeiro, coñecida tamén como VAC, de acordo cos límites de expropiación levados a cabo naquel momento pola Consellería de Infraestructuras e Mobilidade do Servizo Provincial de Lugo da Xunta de Galicia.

No Catastro actual, a estrada LU-862 Ferrol-San Cibrao estaba cartografiada co ancho de rodadura, é dicir, co ancho realmente asfaltado, sen ter en conta que a ambos lados da estrada hai unha zona de afección. No caso da VAC, o Catastro non tiña cartografiada dita estrada, estando as parcelas afectadas a nome dos antigos propietarios.

Mediante esta comunicación estase a notificar a todas as parcelas e edificacións colindantes coas estradas referidas que se vai proceder a modificar a planimetría catastral para incluir nela as zonas de afección referida, sen que isto conleve novas expropiacións.

En todo caso, esta é a información coa que conta o concello, pero calquera veciño ou veciña poden dirixirse directamente á Xerencia Territorial do Catastro para solicitar información ao respecto.