Skip to main content
Viveiro

Rematan as obras no IES Vilar Ponte de Viveiro

Por 4 Marzo, 2021Sin comentarios

Finalizaron as obras de rehabilitación no IES Vilar Ponte de Viveiro, ás que se destinaron 236.000 euros co obxecto de mellorar a eficiencia das instalacións e reducir o consumo enerxético.

Os traballos, que duraron aproximadamente tres meses e centráronse no illamento de fachadas, a renovación de ventás e a modernización dos equipos lumínicos.

Así, nas fachadas instalouse un sistema de illamento térmico exterior co sistema SATE e no interior do centro colocáronse falsos teitos. En canto ás fiestras, as que non foran cambiadas nos últimos anos substituíronse por outras de carpintería de aluminio con dobre acristalamento.

Tamén se renovou o sistema de iluminación con equipos LED de alta eficiencia enerxética e colocáronse sensores de presenza nas zonas comúns para regular o acendido e apagado das luces.

Todas estas medidas en conxunto suporán una diminución da demanda enerxética do recinto educativo, o que suporá aforro económico e redución das emisións contaminantes.

O IES Vilar Ponte de Viveiro foi construído en 1968 e posteriormente, en 1991, ampliouse cunha nova edificación conectada á que xa existía. As melloras que veñen de rematar centráronse no inmoble máis antigo.