Skip to main content
Viveiro

Viveiro participa no congreso europeo de celebracións de Semana Santa

Por 8 Marzo, 2021Sin comentarios

Presentación do evento no mes de novembro

O Concello de Viveiro, a través da Xunta de Cofradías, estará presente estes días no I Congreso da Rede Europea de celebracións de Semana Santa e Pascua, que leva por título La Semana Santa, un Patrimonio Común, un evento que terá lugar os días 12 e 13 de marzo de 2021, onde se abordará a Semana Santa en Europa desde unha perspectiva global, buscando destacar os elementos históricos e rituais compartidos así como o estudo da vixencia das celebracións de Semana Santa no ámbito europeo.

Esta acción é unha das diferentes actividades que a Rede Europea de Celebracións de Semana Santa e Pascua ten previstas e que estará dividida en 5 áreas temáticas: a Semana Santa como patrimonio común europeo; historia e antropoloxía da Semana Santa en Europa; as manifestacións artísticas; a incidencia da Semana Santa no campo do turismo e o papel de colaboración e intercambio que a creación dunha rede europea podería desempeñar. Todo iso nun momento onde a celebración da festa está suxeita ás limitacións que veñen carrexadas pola crise sanitaria da covid-19 e onde resulta de vital importancia poñer en valor o patrimonio común.

A Rede Europea de celebracións de Semana Santa e Pascua creouse en 2019 e dela forman parte a Fundación Italiana Federico II, en representación dos municipios de Palermo e Caltanissetta, de Sicilia (Italia); o municipio de Birgu en Malta; a Comisión de Coresma e Celebracións da Semana Santa de Braga, en Portugal; as Representacións da Paixón de Cristo en Skofja Loka, Eslovenia; os municipios que forman parte do roteiro Camiños de Paixón: Alcalá la Real en Xaén, Baena, Cabra, Lucena, Priego de Córdoba e Puente Genil en Córdoba e Carmona, Écija Osuna e Utrera en Sevilla.