Skip to main content
Viveiro

Bravas estará esta fin de semana no Pastor Díaz

Por 11 Marzo, 2021Xuño 21st, 2022Sin comentarios

O teatro Pastor Díaz de Viveiro continúa este sábado, 13 de marzo, a programación cultural. Será a vez  da actriz Isabel Risco que representará Bravas, comedia de narración oral na que se mete  na pel de distintos tipo de mulleres de varias épocas histórica. Está prevista para as sete da tarde.

Bravas fai un repaso histórico por nosa era, desde a época castrexa ata o século XXIII. Unha viaxe no tempo con paradas en diversas estacións, reparando nas pequenas e grandes historias protagonizadas polas nosas mulleres. Isabel Risco ponse na pel dunha muller do rural galego de finais do século XXVII, dunha muller en loita en plena revolución industrial, dunha moza que descobre o mundo nos anos 60, etc.

A programación parará durante a Semana Santa para volver en abril, concretamente o día 10, ás seis da tarde. Trátase de  Ummm!!unha comedia musical para chupar os dedos, de Teatro Avento, e está destinada a nenos de entre tres e oito anos.

Continuarán o día 17, ás 19.00 horas, con Contraproduccións, quen porá en escena a comedia A compañeira de piso
coas actrices Patricia Vázquez e Rebeca Montero baixo a dirección de Belén Pichel e Cándido Pazó.

A programación chegará ao seu final o día 24, ás seis da tarde, coa compañía Pedras de Cartón, que representa Lázaro de Tormes, para nenos maiores de cinco anos.

Desde o teatro indican que esta programación pode cambiar en función das directrices sanitarias que se vaian marcando
pola pandemia. protocolo e entradas. O protocolo do covid-19 implica o uso obrigatorio da máscara, manter a distancia de seguridade de 1,5 metros, o uso de xel hidroalcohólico e a limitación de aforo con asignación das butacas e agrupamentos familiares.

A reserva das entradas para cada función pode facerse a través do número de teléfono 982.56.01.62 ou do correo electrónico rbg.cultura@viveiro.es, de luns a xoves.