Skip to main content
Xove

Xove abre unha área de autocaravanas na praia de Esteiro

Por 8 Marzo, 2021Marzo 9th, 2021Sin comentarios

O Concello de Xove, en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia, vén de habilitar un área de autocaravanas na praia de Esteiro.

A zona conta con espazo para trinta destes vehículos vacacionais ademais de borne con billa de limpeza de sumidoiro e depósito de augas negras, billa de auga potable e sumidoiro para augas grises.

A área ten tamén recollida de lixo e un panel informativo cos recursos turísticos máis próximos, e os servizos situados no pobo de Xove.

O Concello habilitou un Código QR que enlaza coa web www.turismo.xove.es para descargar toda a información en dispositivos móbiles.