Skip to main content
Xove

Komando Xoviético sinaliza dúas novas rutas para a práctica do Enduro

Por 22 Marzo, 2021Sin comentarios

O Club ciclista Komando Xoviético de Xove vén de rematar a adecuación dos últimos dous circuítos para gozar na contorna de Xove do Enduro MTB. Trátase das rutas Don Güill e Krabullo, que se unen as xa acondicionadas, Jasline, Resoline e Zepoline, ademais do remonte. En total teñen máis de cinco quilómetros de descensos entre as cinco rutas.

Os traballos consistiron na sinalización e limpeza da zona de paso, con permiso dos propietarios dos montes por onde transcorre, o que deixa a zona preparada para outras actividade como o sendeirismo ou mesmo prácticas que non sexa só Enduro.

Foron os propios membros do club os que realizaron esta tarefa de sinalización e limpeza.

“Queremos agradecer a todos os socios do noso club, os donos dos montes e a xente que nos axudou a que este soño fora posible”, din.