Skip to main content
Axenda Caducada

Representación teatral no Vicedo polo Día da Muller

Por 1 Marzo, 2021Marzo 6th, 2021Sin comentarios

O Concello do Vicedo, con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, organiza a representación teatral La Pimentera, que terá lugar o día 6 de marzo, ás 18.00 horas, na casa da cultura.

Con esta obra preténdese, dende a comedia, poñer en relevancia un problema aberto nas zonas rurais nas que se invisibiliza o traballo das mulleres dos pobos, que sendo inmenso, ten un recoñecemento mínimo.

Este espectáculo, enmarcado no Pacto de Estado contra a violencia de xénero, dá a oportunidade ás persoas espectadoras de participar na escena e invita ao debate e á reflexión sobre os distintos puntos de vista da perspectiva de xénero.

A asistencia será gratuíta.