Skip to main content
Axenda Caducada

Este sábado continúa a programación teatral no Pastor Díaz

Por 2 Marzo, 2021Marzo 7th, 2021Sin comentarios

Un momento da representación teatral da obra Da avaricia, a luxuria e a morte

O teatro Pastor Díaz de Viveiro continúa coa súa programación este sábado, 6 de marzo, ás 19.00 horas, Teatro Noroeste porá en escea Da avaricia, a luxuria e a morte, baseada na obra de Ramón María del Valle Inclán.

Trátase dunha obra dirixida a público adulto dirixida por Eduardo Alonso e con Luma Gómez á cabeza do elenco artístico.

A continuación, o 13 a actriz Isabel Risco representará Bravas, comedia de narración oral na que se mete  na pel de distintos tipo de mulleres de varias épocas histórica. Está prevista para as sete da tarde.

A programación parará durante a Semana Santa para volver en abril, concretamente o día 10, ás seis da tarde. Trátase de  Ummm!!unha comedia musical para chupar os dedos, de Teatro Avento, e está destinada a nenos de entre tres e oito anos.

Continuarán o día 17, ás 19.00 horas, con Contraproduccións, quen porá en escena a comedia A compañeira de piso
coas actrices Patricia Vázquez e Rebeca Montero baixo a dirección de Belén Pichel e Cándido Pazó.

A programación chegará ao seu final o día 24, ás seis da tarde, coa compañía Pedras de Cartón, que representa Lázaro de Tormes, para nenos maiores de cinco anos.

Desde o teatro indican que esta programación pode cambiar en función das directrices sanitarias que se vaian marcando
pola pandemia. protocolo e entradas. O protocolo do covid-19 implica o uso obrigatorio da máscara, manter a distancia de seguridade de 1,5 metros, o uso de xel hidroalcohólico e a limitación de aforo con asignación das butacas e agrupamentos familiares.

A reserva das entradas para cada función pode facerse a través do número de teléfono 982.56.01.62 ou do correo electrónico rbg.cultura@viveiro.es, de luns a xoves.