Skip to main content
Axenda Caducada

A Mariña vólcase co Día da Muller con varias concentracións

Por 3 Marzo, 2021Marzo 9th, 2021Sin comentarios

A Mariña prepárase para celebrar o próximo 8 de marzo o Día Internacional da Muller con actividades previstas nos concellos de Cervo, Foz, Burela, O Valadouro, Barreiros, Viveiro, Xove e Ribadeo.

“O eixo que priorizamos o pasado ano revelouse como irrrefutábel: As nosas reivindicacións son máis urxentes que nunca e é por iso que decidimos insistir neste ano que Sen coidados non hai vida. Mulleres en Folga: Esenciais, Precarizadas e Fartas”.

Desde o mes de xaneiro son moitas as xuntanzas, os debates e as actividades postas en marcha. Así, nos concellos de Cervo, Valadouro e Burela estase creando material audiovisual, vídeos de maior ou menor tamaño con testemuñas de mulleres/lemas creados por elas que conteñen experiencias propias.

En dobre hai unha dobre actividade en San Cibrao . Haberá unha manifestación que partirá ás 12:00 da praza da Casa da Cultura ata a zona do IES e volta ao mesmo punto de saída. Ás 20:00 haberá un acto na praza da Casa da Cultura.

No Valadouro haberá concentración na praza de Santa María ás 19:00 (disporán dun tendal para que as mulleres que non poden parar ese día colguen alí o seu mandil).

En Burela a concentración será ás 20:00 na praza do Concello (a praza ambientarase con mandís e lemas).

No Concello de Barreiros, tamén optaron polo formato audiovisual, neste caso un vídeo teaser (recurso de corta duración que busca manter a intriga no que irán desvelando o traballo previo). Este vídeo públicase esta semana nas redes sociais. Busca animar á veciñanza a apoiar as súas demandas no acto reivindicativo que terá lugar na praza do Concello ás 20:00.

No Concello de Ribadeo, as actividades encamiñáronse deica a pedagoxía feminista coa elaboración dunha muiñeira feminista coa colaboración de mulleres de Chantada e actividades para que o alumnado dos colexios e institutos reflexionara sobre o Iceberhg dos coidados e o amor do bó. Chapas e mandís con lemas farán visibles as súas reivindicacións. Chaman ás mulleres a apoiar a manifestación que partirá ás 18:00 do aparcamento de camións próximo ao IES Dionisio Gamallo e, atravesando avenida de Galicia e avenida de Asturias, chegará ao Concello onde darán lectura a un manifesto.

No Concello de Foz as ondas de radio recollerán testemuñas de mulleres que están, que están sempre, porque os seus traballos son esenciais: mulleres caixeiras, mulleres enfermeiras, mulleres coidadoras non profesionais… tamén darán voz ás mulleres inmigrantes, e así poñer sobre a mesa a doble opresión, a doble inxustiza que atravesa a unha persoa: por muller e por inmigrante.

Está prevista concentración ás 12:00 na avenida da Mariña.

En Viveiro realizarase ás 17:30h, nos xardíns Noriega Varela unha concentración na que cada persoa terá unha marca de colocación no chan na que se levará a cabo a lectura do manifesto nacional de Galegas 8m. Farase entrega dun pequeno dossier con recomendacións feministas en distintas plataformas, libros, canles de YouTube, Podcast, series… Como peche, despregarase unha faixa na ponte.

En Xove a concentración será ás 16:30h, no Centro Cívico. Haberá lectura do manifesto e reparto do dossier, cumprindo rigorasemente coa distancia de seguridade, uso obligatorio de máscara e todas as medidas hixiénico-sanitarias.

Ademais, o colectivo femininsta quere facer un chamamento-convite para que todas as fiestras e todos os balcóns das vilas luzan, presuman e reivindiquen a través do símbolo principal dos traballos feminizados: mandís, batas de traballo, uniformes… así, servirán tamén para que, aquelas que non poden/queren ocupar o espazo público, se fagan ouvir.

“Alentamos a todas as mulleres a acudir ás mobilizacións e encher as rúas de reivindicacións feministas, organizarémonos en columnas, tendo moi presente o uso da máscara”. Pedimos que se respeten os espazos non mixtos de mulleres na cabeza das manifestacións e concentracións. Os homes que queiran apoiar a causa deben facelo desde un lugar secundario, nunca protagonizan. Consideramos imprescindible a mobilización na rúa e que as reivindicacións do feminismo sexan desde xa prioritarias á hora de afrontar a actual realidade social, e esixir tamén que a vida se coloque no centro. Encheremos o espazo público cunha resposta clara e necesaria, estamos cheas de razóns para non quedar na casa”, din.