Skip to main content
Axenda Caducada

O Concello de Vilalba repartirá materiais para loitar contra a velutina

Por 16 Marzo, 2021Marzo 19th, 2021Sin comentarios

O Concello de Vilalba repartirá este venres, 19 de marzo, material para a loita contra a vespa velutina. O goberno local proporcionará ditos materiais en colaboración coa asociación de apicultores Serra da Carba, continuando así coa loita contra esta praga no municipio.

O reparto destes instrumentos levarase a cabo no Concello de Vilalba o venres 19 en horario de 10:00 a 13:00 horas. As persoas interesadas en recollelo deben poñerse en contacto coas oficinas xerais do Concello de Vilalba ata o xoves, 18 de marzo.

O goberno local pretende con esta nova campaña continuar a loita contra esta praga. De feito, dende o executivo municipal sinalan que coa campaña de 2020  reduciuse considerablemente a presenza de velutina en Vilalba, grazas a un importante traballo de trampeo e retirada de niños.

Polo tanto, o Concello de Vilalba destaca que os datos indican que se está na boa dirección e que a colaboración entre a Asociación de Apicultores, a veciñanza e o Concello de Vilalba debe continuar para seguir progresando no control da vespa asiática.