Skip to main content
Axenda Caducada

O Concello de Cervo organiza unha actividade para nenos no Día da árbore

Por 17 Marzo, 2021Marzo 18th, 2021Sin comentarios

O vindeiro domingo, 21 de marzo, conmemórase o Día Forestal Mundial-Día da Árbore; unha data tradicionalmente marcada no calendario da Delegación de Medio Ambiente coa programación de actividades que redundan na preservación da contorna.

O Concello de Cervo, a pesar da situación sanitaria actual, quere seguir a carón da comunidade educativa, promovendo accións que redunden no coidado e na protección do Medio Ambiente.

Deste xeito promoverán unha actividade didáctica dirixida ao alumnado de primaria do CEIP de Cervo e do CEIP Península da Paz baixo o título Unha árbore, un fogar.

Os rapaces que queiran participar deberán deixar un debuxo antes deste xoves 18 de marzo nos colexios do concello.