Skip to main content
Axenda Caducada

Ribadeo acolle en Semana Santa unhas xornadas de cultura urbana

Por 22 Marzo, 2021Marzo 31st, 2021Sin comentarios

Ata o 26 de marzo está aberto o prazo de inscrición nas xornadas deportivas de Cultura Urbana que organiza a Concellaría de Mocidade durante a Semana Santa. Están dirixidas a rapazas e rapaces a partir de 8 anos.

A edil Mariluz Álvarez Lastra explicou que “debido ás circunstancias presentes, a covid-19 e ás medidas de prevención específicas adoptadas na comunidade autónoma de Galicia, estamos na obriga de  limitar e adaptar as actividades dirixidas a poboación infantil-xuvenil primando a seguridade das persoas participantes e cumprindo as medidas especiais para  actividades de Tempo Libre (Orde do 17 de marzo de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da covid-19 na comunidade autónoma de Galicia)”.

As xornadas deportivas de Cultura Urbana terá lugar os días 29, 30 e 31 de marzo de 16 a 20 horas no Parque de San Francisco.

A concelleira de Mocidade subliñou que “os rapaces e rapazas, a partir de 8 anos, poderán disfrutar dun skate park móvil, obradoiros de breaking e unha pista street football con obradoiro. Para cumprir co protocolo sanitario, co control de aforo e poder participar nas actividades é preciso inscribirse na Omix do 22 ao 26 de marzo, na Casa da Xuventude, na rúa Antonio Otero, 15 ou a través do teléfono 982 129 889”.

LUNS 29

  • 16:00 a 20:00 Skate Park Móvil para uso libre
  • 17:00 a 17:30 Obradoiro de iniciación ao Skate
  • 18:00 a 18:30 Obradoiro de iniciación ao Skate
  • 19:00 a 19:30 Obradoiro de iniciación ao Skate

MARTES 30

  • 16:00 a 20:00 Skate Park Móvil para uso libre
  • 16:00 a 20:00 Pista de Baile para uso libre (fóra dos horarios de taller)  
  • 17:00 a 17:30 Obradoiro de iniciación ao Skate e Breakdance
  • 18:00 a 18:30 Obradoiro de iniciación ao Skate e Breakdance
  • 19:00 a 19:30 Obradoiro de iniciación ao Skate e Breakdance

MÉRCORES 31

  • 16:00 a 20:00 Skate Park Móvil para uso libre
  • 16:00 a 20:00 Pista de Freestyle Football para uso libre (fóra dos horarios de taller)
  • 17:00 a 17:30 Obradoiro de iniciación ao Skate e FreestyleFootball
  • 18:00 a 18:30 Obradoiro de iniciación ao Skate e FreestyleFootball
  • 19:00 a 19:30 Obradoiro de iniciación ao Skate e Freestyle Football