Skip to main content
Axenda Caducada

Dúas representacións en Foz conmemoran o Día Mundial do Teatro

Por 23 Marzo, 2021Marzo 27th, 2021Sin comentarios

O Concello de Foz quere conmemorar o día mundial do teatro, que se celebra este sábado, 27 de marzo, cunha semana dedicada a el. A delegación de Cultura leva á sala Bahía representacións o xoves 25 ás 20 horas e o sábado 27 ás 18.30 horas.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “o xoves porase en escena a obra Dreaming Juliet, da compañía Elefante Elegante, inspirada na obra de Shakespeare Romeo e Xulieta, que aborda o tema do amor cunha linguaxe visual asentada no teatro de movemento, na música interpretada en directo e na danza”.

Ines López engade que “o sábado será a quenda do teatro infantil. Culturactiva achéganos a obra Rosalía, cunha equipa de mulleres que farán que os nenos poidan achegarse á infancia dun dos referentes das nosas letras. Esta obra infantil inclúese na conmemoración do día de Rosalía e organízase en coordinación coa Deputación de Lugo e a área de Normalización Lingüística do Concello”.

Para a realización destas actividades, seguindo o protocolo antiCOVID establecido, haberá que reservar praza no teléfono 982.140.027 extensión 3. O custo será de 5 euros para a obra de adultos e a entrada é gratuíta na infantil, con aforo limitado nos dous casos.