Skip to main content
Axenda Caducada

Paco Nogueiras actúa este sábado na casa museo de Manuel María

Por 24 Marzo, 2021Marzo 27th, 2021Sin comentarios

Paco Nogueiras presenta, este sábado, día 27 de marzo, na Casa-Museo Manuel María, o seu último traballo EXTRA!, a través dun espectáculo homónimo dirixido a nenas e nenos entre 6 e 11 anos en que combina cancións e interpretacións cos rexistros máis divertidos.

Paco Nogueiras, despois de Brinca vai! e Radio Bulebule, ideou un xornal musical nun libro-CD, editado por Kalandraka e ilustrado por Marc Taeger, que deu a lume a finais de 2020. Este contén doce composicións que tratan distintas noticias nacionais e internacionais, sucesos, información social, cultural e divulgativa, deportes, opinión, pasatempos e até unha axenda de actividades. Melodías e ritmos modernos, pegadizos e bailábeis que convidarán a participación daqueles e daquelas que se acheguen este sábado por Outeiro de Rei.

A Casa-Museo Manuel María programou unha dobre sesión, ás 17 e ás 18.30, dado que os billetes para as 17 hrs esgotáronse o mesmo día que se anunciou o evento. O prezo do billete é de 2 euros. Reservas en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou a través do whatsapp 698177621.