Skip to main content
Axenda Caducada

Xove acollerá dende o 27 o curso de música de Semana Santa

Por 24 Marzo, 2021Marzo 31st, 2021Sin comentarios

O Concello de Xove acolleu a presentación do XXX Curso de Música de  Semana Santa que terá lugar nesta ocasión entre o 27 e o 31 de marzo, ambos os dous días incluídos.

A presentación estivo a cargo do alcalde Demetrio Salgueiro, a concelleira de cultura Dolores Meitín e o director do Curso Xan Carballal.

O curso vaise desenvolver do 27 ao 31 de marzo, ambos días incluídos e o Concerto Final vaise desenvolver o mércores 31 de marzo no Pavillón Municipal de Deportes de Xove, a partires das 18:00 horas. Tanto para o Curso coma para o Concerto hai aforo limitado, segundo normativa actualizada covid-19.

O curso de Música de Semana Santa comeza a súa andaina aló polo ano 1990, coa idea de poñer en contacto aos estudantes co mundo profesional dentro da música. Para levar a cabo este proxecto era preciso contar coa colaboración de profesores cunha ampla traxectoria no mundo das orquestras profesionais.

Este curso foi pioneiro pola súa concepción, xa que os cursos que se viñan ofertando consistían en clases individuais de técnica instrumental e clases colectivas para traballar repertorio, esixindo case sempre que o alumno escollera o repertorio a traballar da especialidade instrumental correspondente. O curso que se oferta é innovador xa que a base do seu plantexamento consiste na aprendizaxe por medio do traballo dentro da orquestra, e ofrece a posibilidade de que alumnos de diferentes niveis poidan participar, xa que se establecen diferentes formacións orquestrais ou de cámara segundo os coñecementos dos participantes, facendo especial fincapé no traballo por grupos e a coordinación.

Esta formación estará ao cargo dos profesores Nazaret Canosa e Saúl Canosa.