Skip to main content
Axenda Caducada

Celebran na Pastoriza un curso de manipulador de alimentos

Por 29 Marzo, 2021Abril 10th, 2021Sin comentarios

O Concello da Pastoriza acollerá o día 10 de abril un curso de manipulador de alimentos, obrigatorio para traballar en hostalaría, supermercados, comedores, etc.

A formación estará ao cargo dun técnico en hixiene alimentaria autorizado e rexistrado pola Xunta de Galicia no ano 2010.

O lugar de celebración será a aula de formación do Concello na nave situada no polígono industrial da Pastoriza a partir das 16.00 horas.

Os interesados en incribirse poden facelo de luns a venres no teléfono 629 276 242.