Skip to main content
Axenda Caducada

Curso de iaido este sábado en Cervo

Por 26 Marzo, 2021Marzo 27th, 2021Sin comentarios

O pavillón municipal dos deportes da Veiga organiza este sábado, entre as 10.30 e as 13.30 horas, un curso de iaido a cargo de Miguel Ángel Rojo Darriba.

O ideal técnico do Iaido non só consiste en realizar o corte perfecto, senón que se caracteriza por realizar cortes á vez que se desenvaina. Con todo, a súa profundidade como Arte transcende a unha procura da perfección, non só técnica senón espiritual. O dominio do sabre é o dominio do Espírito.

O curso está organizado pola Asociación Galega de Iaido e Jodo e os interesados en participar poden poñerse en contacto coa organización no teléfono 670 249 554.