Skip to main content
Axenda Caducada

Dobre actuación este sábado en Alfoz

Por 26 Marzo, 2021Marzo 27th, 2021Sin comentarios

O Concello de Alfoz acolle este sábado unha dobre actuación teatral no salón de actos da casa da cultura.

Primeiro, será a quenda dos máis pequenos, que están convidados a acudir á representación dun contacontos, coa que se quere celebrar o día da narración oral. Será Fátima Fernández a que poñerá en escena, a partir das seis da tarde, Unha viaxe aos contos Pop Up.

Ás oito, chegará a vez dos adultos, coa representación da obra de teatro de O mundo de Martiña, a cargo da compañía Bátega, coa que tamén se conmemora o día mundial desta arte.

Ambas as actuacións son gratuítas para os asistentes e están subvencionadas pola área de cultura da Deputación Provincial de Lugo.

O público que queira acudir ás representacións debe facelo con todas as precaucións, usando máscara e mantendo a distancia de seguridade, tanto no acceso ao recinto como dentro.