Skip to main content
Axenda Caducada

Burela contará con dúas xeorutas en Semana Santa

Por 28 Marzo, 2021Abril 3rd, 2021Sin comentarios

As Concellarías de Medio Ambiente e Turismo organizan dúas Xeorutas durante a Semana Santa. Serán os días 2 e 3 de abril. A cita foi presentada por Toñi Eijo e Ramiro Fernández.

O edil de Turismo contou que “un ano máis desde a Concellería de Medio Ambiente e Turismo do Concello de Burela vamos impulsar as Xeorutas de Semana Santa. É unha actividade que ten moi boa acollida entre a xente do pobo e tamén entre os visitantes e por iso decidimos seguir apostando por elas”.

Unha será a Xeoruta polo Perdouro o venres, día 2, de 10:30 a 13:30 horas; e o sábado 3 a Xeoruta pola Marosa tamén de 10:30 a 13:30 horas. Para apuntarse hai que chamar ao teléfono do Concello de Burela, 982.58.60.00, ou pode facerse a reservar de praza no blog rutasxeoloxicasdegalicia.blogspot.com.

A concelleira de Medio Ambiente sinalou que “o número de prazas van ir en función das medidas sanitarias que nos van impoñendo desde a Consellería de Sanidade, co cal vamos garantir a seguridade sanitaria na realización destas rutas”.

Eijo dixo: “seguimos apostando por estas rutas xeolóxicas, que tan bo resultado nos están dando, sabendo que temos unha limitación de viaxeiros que poden acudir a elas, pero a mobilidade en Galicia de momento está permitida, co cal a xente que queira achegarse a esta zona nestas datas que sexan da comunidade galega van poder gozar desta actividade”.

O concelleiro de Turismo subliñou que “en todo caso nas últimas rutas, cando xa tíñamos bastantes limitacións polas restricións, vimos que a xente do pobo tamén se animou a facelas. E nosoutros estamos encantados de que os veciños e as veciñas de Burela participen nestas Xeorutas. No verán seguiremos apostando por elas e supoñemos que en breve xa poderemos ir avanzando algo das Xeorutas que faremos durante a época estival”.