Skip to main content
Axenda Caducada

Meira acolle un musical como programación de Semana Santa

Por 30 Marzo, 2021Abril 2nd, 2021Sin comentarios

A igrexa parroquial de Santa María de Meira acollerá dúas actuacións esta semana. A primeira cita será mañá, mércores 31 de marzo, a partir das 19.00 horas, cunha moite de musical con 33 o musical, un espectáculo inspirado na figura de Jesús de Nazaret, que se estreaba con gran éxito en Madrid no ano 2018.

Xa o venres santo, a Banda de Música de Meira tocará marchas procesionais, a coral representará a Oración de Cristo na Cruz e a Virxe das Dores. Tamén se proxectarán fotos.

Ademais, o xoves será a Cea do Señor (18.00 horas), o venres haberá Vía Crucis (12.00) e celebración da Paixón (18.00) e o sábado rezarase o rosario (11.00) e haberá Vixilia Pascual (20.00).