Skip to main content
Axenda LUGOXADeportes LUGOXAPortomarín

Portomarín acollerá a Copa de España de Novas Promesas de piragüismo

Por 3 Marzo, 2021Marzo 7th, 2021Sin comentarios

Embalse de Belesar

O Club Fluvial de Lugo e o Concello de Portomarín organizarán a Copa de España de novas promesas na categoría infantil de piragüismo, que se celebrará a última fin de semana de xuño.

A proba, que se desenvolverá sobre unha distancia de 3.000 metros, terá como sede o embalse de Belesar, sendo a única proba que a Federación Española de Piragüismo na Liga Nacional de Novas Promesas adxudica fóra das bases permanentes de Sevilla, Asturias e Pontevedra.

O centro de operacións estará nas instalacións do albergue xuvenil de Portomarín, por onde pasarán os máis de 1.000 deportistas que se prevé que participen nas regatas.

A celebración da proba, en cuxos horarios, planificación e protocolos xa se está a traballar, traerá a Portomarín a un milleiro de deportistas de entre 12 e 14 anos, que representan o futuro do piragüismo en España. Suporá ademais un grande escaparate da capacidade de organización e as infraestruturas coas que contan tanto o Concello portomarinense como o Club Fluvial lucense.