Skip to main content
Axenda LUGOXACastroverdeCultura LUGOXA

Castroverde celebrará o Día do Teatro cun espectáculo de monicreques

Por 20 Marzo, 2021Sin comentarios

Castroverde celebrará o Día Mundial do Teatro, o vindeiro sábado día 27, con un espectáculo de monicreques dirixido a un público familiar. Trátase de ‘A viaxe de Rosalía’, a cargo de Larraitz Urruzola.

O espectáculo desenvolverase ás 12.00 horas na praza do Concello, trasladándose ao ximnasio do colexio en caso de choiva. As entradas son de balde.

Neste número, a actriz e titiriteira Larraitz Urruzola válese da interpretación actoral, de monicreques de mesa de grande talla artística, así como da manipulación de obxectos acompañada dunha música moi acaída, un vestiario fermoso e dignísimo para os personaxes e, en definitiva, das ferramentas da narración oral tradicionais para que coñezamos as pasaxes máis importantes da vida de Rosalía de Castro e a súa obra literaria.