Skip to main content
Axenda LUGOXAMonterroso

A campaña ‘Comercio na Rúa’ de Monterroso sorteará 1.000 euros

Por 20 Marzo, 2021Sin comentarios

Monterroso bota a andar a segunda edición da campaña ‘Comercio na Rúa’, que organizan o Concello e mailos comerciantes. Será os vindeiros venres 26 e sábado 27 de marzo, e nela participarán un total de 21 establecementos.

Os negocios adheridos á campaña ofertarán descontos durante as dúas xornadas e, por cada compra, entregarán unha papeleta que entrará nun sorteo de 1.000 euros repartidos en 10 vales por valor de 100 euros cada un.

Os vales das compras realizadas o venres día 26 entrarán no sorteo que se realizará o sábado 27, e as do sábado sortearanse o luns día 29. Os agraciados terán dous meses para canxear os seus premios.

Durante os días da campaña ‘Comercio na rúa’, haberá tamén animación polas rúas de Monterroso.

Desde o Concello animan aos veciños e veciñas a disfrutar destas xornadas “apostando polo comercio local e por comprar e consumir no noso pobo”.