Skip to main content
Axenda LUGOXACastroverde

A ITV agrícola estará en Castroverde en abril

Por 22 Marzo, 2021Sin comentarios

O Concello de Castroverde vén de informar de que a unidade móbil da ITV se desprazará o vindeiro mes de abril ao municipio para realizar as inspeccións técnicas periódicas a vehículos agrícolas.

O servizo prestarase no aparcadoiro das piscinas municipais os días 15, 16, 19 e 20, en horario de 9.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas, agás o día 16 no que será unicamente de mañá.

As persoas interesadas poden solicitar xa cita previa a través da páxina web www.sycitv.com ou chamando ao teléfono 902 30 90 00.

Desde o Concello lembran que é aconsellable levar os recibos do seguro vixente xunto á documentación do vehículo agrícola.