Skip to main content
Axenda LUGOXACastroverdeCultura LUGOXA

Alentía Teatro presenta ‘Tecedoras de Soños’ en Castroverde o día 11

Por 30 Marzo, 2021Sin comentarios

Castroverde acollerá, o domingo 11 de abril, a representación de ‘Tecedoras de soños’, a cargo do grupo Alentía Teatro, de Palas de Rei.

As entradas para este espectáculo, dirixido a un público familiar, son de balde. A representación farase na Praza do Concello, e trasladarase ao ximnasio do colexio en caso de mal tempo.

‘Tecedoras de soños’ é un espectáculo que dramatiza varios contos relatados por avoas, nais, escritoras, mozas, nenas… nos que a lectura se presenta como unha ferramenta impulsora de valores como a solidariedade, o traballo en grupo, o respecto ao medio ambiente, a igualdade de xénero ou a cultura da paz.