Skip to main content
Axenda LUGOXACastroverde

Amigos do Patrimonio de Castroverde fará o roteiro ‘Muíños do Poñente’ o 10 de abril

Por 31 Marzo, 2021Sin comentarios

A asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde organiza, para o sábado 10 de abril, o roteiro ‘Muíños do Poñente, de Rodinso ao Ferradal’. A saída farase ás 10.00 horas desde a praza da localidade, onde un bus recollerá aos participantes para levalos ata Rodinso. Alí iniciarase a andaina, duns 9 quilómetros de percorrido, pasando por San Fitoiro, Bolaño, Fontao, Rebordaos e Castedo, ata o muíño do Ferradal a carón de Francelos.

As persoas interesadas en facer esta ruta poden inscribirse, antes do 5 de abril, no teléfono 659 52 39 60 ou a través do correo electrónico amigospatrimoniodecastroverde@gmail.com.

Os organizadores lembran a obriga de que os participantes manteñan todas as medidas de seguridade fronte á covid e lembran que, precisamente pola actual situación sanitaria, non se fará o tradicional xantar. De todos os xeitos, cada participante pode levar o seu e, se está bo día, farase unha parada para comer na Veiga do Olmo.