Skip to main content
Comarca LUGOXA

Becerreá súmase aos concellos limpos de covid, que segue á baixa

Por 1 Marzo, 2021Marzo 2nd, 2021Sin comentarios

A covid segue reducindo a súa incidencia con paso lento pero seguro. Hoxe son 500 casos activos, que son 11 menos que onte. Na xornada anterior o descenso foi de 80. Un dato que está condicionado pola fin de semana ao rexistrarse menos altas.

De feito, diagnosticaron nas últimas 24 horas 12 casos novos (onte foron 6). Ademais, as altas chegaron ás 10.997, 23 en 24 horas, o día anterior foron 88.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 11.706 casos rexistrados e 205 persoas falecidas.

A presión hospitalaria, pola contra, mantense. Na UCI do Hula hai un ingresado máis, 14, e en planta son 29 enfermos (1 menos), 23 no hospital de Lugo, 3 na Mariña e 3 en Monforte. O Polusa de Lugo volve quedar libre de covid.

POR COMARCAS

A Mariña

A comarca mantén a estabilidade a fin de semana coa Pontenova en alerta media e Lourenzá con menos dez casos pero tamén con datos de incidencia dese nivel.

  • A Pontenova continúa con 11 casos e en alerta media.
  • Lourenzá ten unha incidencia correspondente á alerta media pero por debaixo de 10 casos.
  • Trabada, Ourol, Xove, O Vicedo e Alfoz están sen casos novos dende hai 15 días polo menos.

Terra Chá

A situación segue mellorando con Vilalba e Guitiriz á baixa aínda que o segundo segue con datos moi elevados de incidencia.

  • Vilalba cae a 11 casos, tres menos.
  • Guitiriz reduce 11 casos e queda en 36 pero segue en máxima alerta.
  • Outeiro de Rei mantén os 12 pero segue en alerta media malia ter unha incidencia inferior.
  • Rábade tamén está en alerta media malia ter menos de dez casos.
  • Pol, Abadín e Xermade, Cospeito, Friol e A Pastoriza continúan limpos de covid.
  • No veciño Concello das Pontes están en alerta media, soben un caso e son xa 24. A incidencia tamén está por debaixo do nivel.

Centro da provincia

A Xunta mantén as alertas pero a incidencia está por baixo en todos os concellos e os casos á baixa. Becerreá súmase á listaxe de concellos limpos de covid.

  • Lugo reduce novamente 7 casos e queda en 181 en total.
  • O Corgo, Guintín e Baralla seguen en alerta media malia baixar xa dos 10 casos e ter unha incidencia por debaixo de 250.
  • A Fonsagrada, Pedrafita do Cebreiro, Negueira de Muñiz, Navia Cervantes, Ribeira de Piquín, Monterroso, As Nogais, Portomarín e Antas de Ulla levan limpos varias semanas. Agora únese Becerreá.

Comarca de Sarria

Sarria está por debaixo dos 10 casos ao igual que Láncara mentres en Samos, Triacastela, O Incio, Paradela e O Páramo seguen sen casos novos dende hai máis de 15 días.

Ribeira Sacra

A comarca rompe a tendencia á baixa sumando casos en Monforte e A Pobra do Brollón.

  • A vila de Monforte contabiliza hoxe 43 casos, 3 máis e lle correspondería entrar en nivel 3.
  • A Pobra de Brollón sobe aos dez casos e se pon en niveis de alerta máxima con máis de 500 de incidencia.
  • Sober, malia estar por debaixo de dez casos, segue en alerta media, malia estar por debaixo dos parámetros.
  • Bóveda, Folgoso do Courel, Carballedo e Ribas do Sil seguen sen casos dende hai máis de 15 días e agora súmase Quiroga.