Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXA

Brollón entra en máxima alerta e Paradela sobe ao nivel medio

Por 5 Marzo, 2021Marzo 18th, 2021Sin comentarios

A Pobra de Brollón entrará o luns no máximo nivel de restricións debido á elevada incidencia do virus na súa poboación. Deste xeito, será un dos catro concellos galegos (xunto a Soutomaior, Boborás e A Mezquita) que estean na alerta máxima, o que implica o peche da hostalaría agás para servizo de recollida no local e quedan prohibidas as reunións de non covivintes.

Ademais, Paradela, que rexistrou casos onte tras varias semanas limpos de covid, pasará ao nivel medio, no mesmo nivel que están Lourenzá e Guitiriz, o que implica que a hostalaría só abrirá terrazas e ao 50% do aforo.

Estes cambios prodúcense a unha semana da relaxación das medidas da fase da desescalada. De feito, en Galicia repuntaron os contaxios por riba do 200 diarios malia que baixou o número de hospitalizados.