Skip to main content
Axenda Caducada

A Uned celebra varios cursos e actividades polo Día da Muller

Por 7 Marzo, 2021Marzo 31st, 2021Sin comentarios

A Uned de Lugo ten preparados varios cursos e actividades con motivo do Día Internacional da Muller para os que ten aberto o prazo de matrícula.

A primeira actividade que se desenvolverá neste mes, será o curso Estratexias para a eliminación de estereotipos de xénero no exercicio da actividade profesional. ODS 5. Nel, propoñeranse pautas e estratexias para aplicar no ámbito laboral co fin de erradicar estereotipos e prexuízos de xénero. Terá lugar do 8 ao 11 de marzo, poderase asistir de forma en liña ou presencial.

Paralelamente, terá lugar nas instalacións do Centro a exposición de pintura Confinadas: mulleres na pandemia, de Anama (Ana Rodríguez). Poderá visitarse do 8 ao 31 de marzo.

Para finais de mes, desenvolverase a segunda edición das Xornadas aprendendo feminismo: Ecofeminismo. ODS 4. Como na anterior edición, nestas xornadas, seguirase indagando no papel e na situación da muller no medio rural. Nesta actividade, participarán docentes e profesionais, todas elas mulleres, como Araceli Serantes Pazos, Rosa Arcos Caamaño e Mª Carmen Díaz Simón, entre outras. Terá lugar do 24 ao 25 de marzo e será unha actividade gratuíta (sen certificado).

Nas mesmas datas, presentarase tamén no Centro Asociado o libro Unha muller de Prahova: Historias de vida e exclusión social na diáspora romanesa. Por José López Riopedre. Terá lugar o 25 de marzo ás 19:30 horas.

Ademais, tamén se lanzará o mesmo luns, día oito, o vídeo correspondente ao Día Internacional da Muller Traballadora, dentro do programa Planeta ODS, realizado en colaboración audiovisual co Foro Feminista de Lugo, e que estará dispoñible nas RRSS do Centro ao longo da mesma xornada.