Skip to main content
Comarca LUGOXAComarca TERRACHÁXALáncaraMonforte

A CHMS comprométese a limpar ríos en 12 concellos da provincia

Por 25 Marzo, 2021Sin comentarios

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil  realizará un total de 18 actuacións de limpeza en 16 ríos de doce municipios da provincia tal e como subliñou a Federación de Veciños, que asegurou ter o compromiso do ente para actuar en próximas datas,

As tarefas de limpeza terá lugar nos ríos Miño, Narla, Cabe, Trimaz, Lavadoiro, Requeixo, Pequeno, Arriba, Toldaos, Chamoso e Mera; así como nos regachos de A Ponticela, O Valiño, Guimarás, Porto Muíño e San Mamede. Polo tanto, os concellos afectados polas melloras serán Monforte, Lugo, Outeiro de Rei, Friol, Guntín, O Corgo, Láncara, Cospeito, A Pastoriza, Xermade, Guitiriz e Castro
de Rei.

En Monforte limparase a beira do Cabe ao seu paso pola residencia de anciáns. En Lugo será retirado unha gran árbore no leito do Miño baixo a ponte de Ombreiro, así como varios troncos no leito do río Mera ao seu paso por Ponche Liñares e Rebordaos. No mesmo municipio actuarase no regacho de San Mamede, desde a ponte de Conturiz ata a ponte da autovía.

O Miño, ao seu paso polo municipio de Outeiro de Rei limparase desde o caneiro de O Piago ata Castelo, así como 500 metros da desembocadura do Narla. Este tamén se limpará no tramo de Vicinte e ao seu paso por Friol, desde a ponte de Cotá ata Santalla de Devesa.

En Guntín retiraranse as árbores que hai no leito do río Miño desde Ponteareas ata Tosende. No Corgo actuarase no río Chamoso, desde a ponte de Adai ata o de Queizán, así como o arroio da Ponticela.

No municipio de Cospeito, centraranse no tramo dende a ponte de Xustás ata o de Bexán. No lugar de Bexán entre O Pacio e A Reigada.

Xa na Pastoriza actuarán no regacho do Valiño e en Xermade limparán o río Trimaz no tramo de Roupar a Cabreiros.

En Guitiriz, as intervencións levaranse a cabo nos ríos Lavadoiro e Requeixo mentres en Castro de Rei, centraranse na roza da maleza do arroio de Guimarás, a limpeza do río Pequeno no seu nacemento e a retirada de árbores da desembocadura do arroio Porto Muíño co río Azúmara.

En Láncara, limparase o leito do río Toldaos de Monseiro a Luseiro.