Skip to main content
Comarca LUGOXA

Entregados os premios aos escolares gañadores do certame de Poesía de Nadal

Por 26 Marzo, 2021Marzo 31st, 2021Sin comentarios

Os gañadores do certame de poesía

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de entregar os premios aos nove escolares gañadores do certame de Poesía de Nadal que convoca a Biblioteca Pública de Lugo, en colaboración con outras bibliotecas públicas da provincia.

Na categoría ata 8 anos, o primeiro premio foi para Paula Méndez Bajatierra, de Barreiros, o segundo para Pablo Coucheiro Rodríguez, de Antas de Ulla, e o terceiro para Candela Fernández Rodríguez, de Sober.

Na categoría de 9 a 11 anos os gañadores foron, por esta orde, Brais Rodríguez Álvarez, de Sober; Nicolás Fernández Vázquez, de Lugo; e Keira Montes Smith, da Pobra do Brollón.

E finalmente, na categoría de 12 a 16 anos, o primeiro premio foi para Nerea Quiroga Rodríguez, de Monforte de Lemos; Nuria Devesa Núñez, de Lugo; e Gabriela López Mesa, de Antas de Ulla.

A Xunta publicará un libro con todos os poemas premiados. Ademais, cada un dos gañadores recibiu como regalo un lote de libros e unha figura de Sargadelos.

O delegado territorial, Javier Arias, felicitou aos rapaces e rapazas cuxos traballos foron recoñecidos nesta edición e animounos “a seguir cultivando a súa afección polas letras, xa que a poesía e todas as expresións da cultura abren unha fiestra á esperanza en momentos tan complicados como nos tocou vivir nesta pandemia”.

O xurado desta nova edición do certame de Poesía de Nadal estivo formado pola responsable da área de Cultura da Xunta en Lugo, María José Gómez Rodríguez, a escritora Ana Carreira, o xornalista Xulio Xiz e María Elena García Pazos, en representación da Biblioteca Pública de Lugo.