Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

O CD Lugo destitúe a Mehdi Nafit

Por 1 Marzo, 2021Sin comentarios

O CD Lugo anunciou este domingo o cese de Mehdi Nafit como adestrador do primeiro equipo da entidade.

A decisión do cese chega despois de que o equipo caese derrotado por 4-1 fronte ao Almería o pasado sábado, e de que o propio Nafti non puidese dirixir aos seus desde o banquillo ao romper a burbulla de seguridade que impón a Liga.

A través dun comunicado, a directiva lucense xustifica a decisión “en base á análise da traxectoria demostrada ata a data e a dinámica de resultados colleitados polo equipo”. Os roxiblancos acumulan soamente dúas vitorias nas últimas 15 xornadas.

O técnico Mehdi Nafit

O técnico franco-tunecino, que chegara ao cargo despois da quinta xornada en substitución de Juanfran, deixa ao equipo lucense seis puntos por riba do descenso.

Desde o CD Lugo agradecen a Mehdi Nafti “o seu traballo e implicación” durante a etapa na que formou parte do club e deséxanlle “os maiores éxitos persoais e profesionais no futuro”.

A secuencia de tres adestradores por temporada, repítese por terceiro ano consecutivo. O club comunicará nos vindeiros días o nome do novo técnico do primeiro equipo.