Skip to main content

As competicións de fútbol e fútbol sala poderá reiniciarse finalmente tras á volta a normalidade, aínda que o farán seguindo unhas características especiais, xa que as competicións terán unha configuración exprés, cunha duranción estimada de entre 10 e 16 semanas.

En principio arrincarán a finais de marzo. Para fútbol serán as categorías de Preferente Galicia, Primeira División feminina, Liga Galega xuvenil, División de Honra cadete, Liga Galega cadete, Liga Galega infantil e tamén se suma a Liga Galega infantil feminina.

Pola súa banda, en fútbol  sala empezarán Preferente masculina e feminina, Liga Galega xuvenil masculina e feminina, División de Honra cadete, Liga Galega cadete masculina e feminina, Liga Galega infantil masculina e feminina e Liga Galega alevín masculina e feminina.

Como normativa este ano, as competicións ofrecerá unha listaxe dos correspondentes ascensos, pero non haberá descensos, sin que iso impida a posibilidade de descensos administrativos a modo de sanción pola comisión de infraccións graves que teñen estipulado ese castigo, como por exemplo tres incomparecencias ou retirada do equipo unha vez inscrito e co calendario aprobado.

Á vista da tardía data de inicio das competicións debido ás medidas adoptadas polas autoridades sanitarias a causa da pandemia, así como en previsión de posibles suspensións temporais por causas de forza maior, acórdase que o remate da tempada podería ir máis aló do 30 de xuño.

Outra das decisións que se tomaron é que esta tempada 2020/2021 non haberá cobertura de vacantes no suposto de renuncias por non inscrición nas distintas categorías debido á necesidade de acomodar as categorías aos seus formatos anteriores ás circunstancias extraordinarias derivadas da pandemia. Tampouco rexerá ningún límite de xornadas para que se permita o cambio da orde de campos.

Na categoría de Preferente decidiron competir o 80% dos equipos, nas Ligas Galegas de base o 93% e nas Femininas (Primeira División Galega e Liga Galega infantil) inscribíronse o 70% dos equipos. Na provincia volveron apuntarse os mesmos que na anterior ocasión agás o Milagrosa e o Friol femininos infantís, polo que non haberá representación luguesa este ano nesa categoría.

PARTICIPANTES

Si estará representada a provincia en Preferente por Foz, Ribadeo, Santaballés, Residencia, Sarriana e Lemos, trala retirada do Escairón. En categoría xuvenil competirán Residencia, Viveiro, Vilalbés B e Calasancio. Todos, agás o Residencia estarán en cadete, onde tamén participará o Milagrosa e o Lugo B. En infantil só tres equipos, Viveiro, Lugo e Residencia. En División de Honra cadete só estará presente o Lugo.

Na categoría feminina sénior de Primeira particparán Antas, Friol B e Lugo.

Esta semana a RFGF manterá reunións cos equipos inscritos para presentar o formato competicional e aclarar todas as dúbidas referentes aos protocolos que se deben seguir durante a competición. Tamén se volverá reunir o Comité de Fútbol Base e finalmente a Comisión Delegada para someter á súa aprobación todos os plans competicionais.

En fútbol sala, a única categoría na que non haberá competición será a Preferente Masculina dada a baixa inscrición de equipos. Polo tanto, os apuntados, Rábade, Meigallos e Guitiriz non xogarán este ano.

No resto das categorías masculinas activadas pola RFGF (Liga Galega xuvenil, División de Honra cadete, Liga Galega cadete, Liga Galega infantil e Liga Galega alevín), a porcentaxe de inscrición de equipos é do 84%.

No caso das categorías femininas, pola súa banda, a Preferente si que terá competición ao inscribirse o 78% dos equipos. Nas demais categorías autonómicas (Liga Galega xuvenil, Liga Galega cadete, Liga Galega infantil e Liga Galega alevín) a porcentaxe de equipos inscritos é do 70%.

En categoría de base, a participación dos lugueses é a esperada. En xuvenil estarán Meigallos, Vilalba e Ribeira. En cadete Guitiriz, Meigallos, Casás, Ribeira, Burela e Piringalla mentres que en infantil estarán os mesmos agás o Piringalla e o Guitiriz aos que substitúe o Lugo Sala que en cadete será o único da provincia que logrou o ascenso da Divisón de Honra. En alevín estarán Casás, Ribeira, Burela e Lugo Sala.

Nas categorías femininas participarán o Ribeira e o Castro en todas as categorías de base. En Preferente estarán Vilalba, Begonte, Burela e Ribeira.

No que se refire ás categorías de fútbol campo e de fútbol sala provincial e local o proceso de inscrición, xa aberto, pecha o 8 de marzo.