Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

O piloto Eduardo Iglesias, que participou no Rally Dakar, foi recibido na Deputación

Por 10 Marzo, 2021Sin comentarios

Eduardo Iglesias, na recepción diante do pazo de San Marcos

O piloto de motos monfortino Eduardo Iglesias, que competiu no Rally Dakar 2021, foi recibido este martes polo presidente da Deputación de Lugo e maila deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto. A institución provincial patrocinou ao deportista, que conseguiu acabar a proba por segundo ano consecutivo, situándose no posto número 53.

Eduardo Iglesias, o único piloto galego que rematou o Rally Dakar, portou o escudo da Deputación e a imaxe turística da provincia na súa moto e no uniforme co que competiu , o que supuxo unha proxección internacional da provincia de primeira orde, pois preto de 200 países emiten o Rally Dakar, reunindo a 5 millóns de espectadores en directo en cada etapa e obtendo 54 millóns de visitas en internet.

Durante a recepción, José Tomé aproveitou a ocasión para felicitar ao piloto pola súa participación e os seus logros na competición e entregoulle o ‘Diccionario da Comida Galega’ e unha insignia institucional. Pola súa banda, Eduardo Iglesias fíxolle entrega ao presidente provincial dunha camiseta e dunha foto da súa participación no Rally Dakar 2021.