Skip to main content
Antas de Ulla

O Concello de Antas de Ulla ofrece taxi gratuíto para que os maiores poidan ir vacinarse a Palas

Por 10 Marzo, 2021Sin comentarios

O alcalde de Antas de Ulla, o popular Javier Varela, vén de anunciar a posta en marcha no municipio dun servizo de transporte gratuíto para os veciños e veciñas maiores de 70 anos “que teñan dificultades para realizar o traslado” ao PAC de Palas de Rei para a administración da vacina contra a covid.

O servizo será prestado polo parque de taxistas de Antas de Ulla, totalmente de balde para o usuario.

O rexedor municipal explica que tamén poderán facer uso deste servizo as persoas “de calquera grupo de idade” que teñan “serias dificultades” para desprazarse ao centro de saúde de Palas de Rei, o seu centro de referencia para a administración da vacina.

Pódese solicitar este servizo, ou máis información sobre o mesmo, chamando ás oficinas municipais ou ao servizo de taxis de Antas de Ulla.