Skip to main content
Baralla

Novas datas para as revisións da ITV agrícola en Baralla

Por 24 Marzo, 2021Sin comentarios

O Concello de Baralla vén de informar de cambios nas datas e horarios nas que estaba previsto que a ITV agrícola estivese no municipio o vindeiro mes de abril.

Deste xeito, a unidade móbil fará as inspeccións en Baralla desde o día 6 ao 14 de abril, ambos incluídos. Do día 6 ao 9, prestará servizo no mercado gandeiro da localidade, en horario de 9.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas, agás o venres 9 de abril que será só de mañá.

Os días 13 e 14, a ITV agrícola estará en Sobrado, na explanada do bar As Pozas, onde fará as inspeccións técnicas en horario de 8.00 a 13.30 horas e de 15.00 a 18.30 horas, rematando unha hora antes o día 14.

Dase a circunstancia de que hoxe e mañá, 24 e 25 de marzo, a unidade móbil está tamén a prestar servizo no municipio, neste caso en Neira de Rei.

As persoas interesadas en pasar a revisión aos seus vehículos agrícolas en Baralla deben solicitar cita previa no teléfono 982 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.