Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

A Xunta entrega mañá os títulos da parcelaria de San Xiao de Mos

Por 28 Marzo, 2021Sin comentarios

A Xunta de Galicia entregará o luns 29 os títulos da concentración parcelaria de San Xiao de Mos, en Castro de Rei, un acto que terá lugar na antiga escola da parroquia.

O decreto desta zona de reestruturación aprobouse en 2001 e as bases definitivas, en 2007.

Os propietarios tomaron posesión das leiras en 2012 e a concentración convertiu 1.687 en 436.

A entrega estará condicionada polas limitacións de aforo e distancia de seguridade polo que ser fará de forma paulatina. Deste xeito, os títulos serán entregados en función da letra inicial do primeiro apelido das persoas propietarias. A e B recollerán os títulos de 10.00 a 11.30; C e D, de 11.30 a 12.30; da E á L, de 12.30 a 14.00; da M á Ñ, de 16.00 a 17.00; O e P, de 17.00 a 18.00, e da Q á Z, de 18.00 a 19.00 horas.

Ademais de dar por finalizada a parcelaria de Mos, a Consellería do Medio Rural acaba de dar un paso adiante na tramitación da de Viladonga. O estudo previo está xa en período de información pública.

Os interesados poden revisar a documentación no consistorio ou ben a través da páxina web da consellería. O prazo de exposición, que se anunciou o día 9, é dun mes.