Skip to main content
A Fonsagrada

O Concello da Fonsagrada homenaxeará ás mulleres a través das redes sociais

Por 2 Marzo, 2021Sin comentarios
Con motivo da vindeira celebración do Día Internacional da Muller, o Concello da Fonsagrada quere “homenaxear a aquelas mulleres que ao longo da historia destacan na súa faceta profesional ou persoal, a nivel global ou local”, e para elo vén de convocar unha acción a través das súas redes sociais co fin de “facelas visibles”.

As persoas interesadas en sumarse a esta acción simbólica teñen que facer un debuxo, unha fotografía ou ben escribir unha frase, relacionada coa muller á que queren render homenaxe. A continuación faranlle unha fotografía ou escanearán ese traballo e enviarano ao correo electrónico tsocial@afonsagrada.org, indicando o nome, os apelidos, a localidade e mailo título da creación.

Os traballos, que serán publicados nas redes sociais do Concello fonsagradino, poden enviarse desde o día 3 ao 12 de marzo.